#1: [gal] club de lectura Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Mie Sep 28, 2011 10:13 pm Na biblioteca Nodal, está aberto o plazo de inscrición para o club de lectura de adultos e xuvenil.
Tedes máis info na web da biblio
rbgalicia.xunta.es/lugo
#2: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Mie Oct 19, 2011 11:30 am Comezou o pasado día13, pero non me avisaron, logo eu, empezo mañá...e están con Pamuk, xa vos irei contando...
#3: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Jue Oct 27, 2011 11:05 pm Lemos "Me llamo Rojo", acabamos o vindeiro xoves. É unha historia ambientada en Turquía no século XVI, con moitos personaxes que van tomando a palabra. Combínase a trama amorosa, cun fío conductor centrado en certos asasinatos que acontecen.
O estilo de Pamuk non vai moito comigo, pero a metade dos participantes do club, estalles a gustar.
#4: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Lun Nov 14, 2011 12:21 pm Estamos agora con "Memorias de un solterón", de Pardo Bazán...costumbrista e divertido
#5: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Mie Nov 23, 2011 11:09 pm Esta semana toca "muerte accidental de un anarquista", xa lido non seu momento, reitérome: gustaríame máis ver a obra, o teatro ten esas cousas...
#6: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Mie Nov 30, 2011 1:38 pm Andamos agora cunha obra de Luisa Castro. Relatos:"Podría hacerte daño". Esperaba máis calidade, xa lera dela unha novela da que non teño moi bo recordo, pero alguén coñece a súa poesía???
#7: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Vie Ene 06, 2012 1:44 pm Temos que ler para a volta de Navdiades "Los miedos" de Blanco Amor, pero non consigo engancharme...
#8: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Jue Ene 19, 2012 1:34 pm E a verdade é que o de Blanco Amor non me gustou...a historia dun neno de Ourense que contaba as súas vivencias...
Agora andamos con "Suite francesa", ese sí que é ben recomendable!
#9: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Dom Feb 05, 2012 2:48 pm O seguinte foi "La casa de las bellas durmientes" literatura xaponesa clásica...moi sorprendente, a verdade!
#10: Autor: petitejolie, Ubicación: LugoPublicado: Dom Feb 26, 2012 10:07 pm Despois de amosar a miña disidencia de pensamento con respecto a "Pedro Páramo" (éxito total no clube) andamos con "La tía Julia y el escribidor" unha novela de Vargas Llosa que me ten totalmente absorvida...unha estructura digna dun enxeñeiro!