[gal] club de lectura
Selecciona mensajes desde
# hasta # FAQ
[/[Imprimir]\]
Ir a página 1, 2  Siguiente  :| |:
Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas

#1: [gal] club de lectura Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Mie Sep 28, 2011 10:13 pm
    —
Na biblioteca Nodal, está aberto o plazo de inscrición para o club de lectura de adultos e xuvenil.

Tedes máis info na web da biblio
rbgalicia.xunta.es/lugo

#2:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Mie Oct 19, 2011 11:30 am
    —
Comezou o pasado día13, pero non me avisaron, logo eu, empezo mañá...e están con Pamuk, xa vos irei contando...

#3:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Jue Oct 27, 2011 11:05 pm
    —
Lemos "Me llamo Rojo", acabamos o vindeiro xoves. É unha historia ambientada en Turquía no século XVI, con moitos personaxes que van tomando a palabra. Combínase a trama amorosa, cun fío conductor centrado en certos asasinatos que acontecen.

O estilo de Pamuk non vai moito comigo, pero a metade dos participantes do club, estalles a gustar.

#4:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Lun Nov 14, 2011 12:21 pm
    —
Estamos agora con "Memorias de un solterón", de Pardo Bazán...costumbrista e divertido

#5:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Mie Nov 23, 2011 11:09 pm
    —
Esta semana toca "muerte accidental de un anarquista", xa lido non seu momento, reitérome: gustaríame máis ver a obra, o teatro ten esas cousas...

#6:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Mie Nov 30, 2011 1:38 pm
    —
Andamos agora cunha obra de Luisa Castro. Relatos:"Podría hacerte daño". Esperaba máis calidade, xa lera dela unha novela da que non teño moi bo recordo, pero alguén coñece a súa poesía???

#7:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Vie Ene 06, 2012 1:44 pm
    —
Temos que ler para a volta de Navdiades "Los miedos" de Blanco Amor, pero non consigo engancharme...

#8:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Jue Ene 19, 2012 1:34 pm
    —
E a verdade é que o de Blanco Amor non me gustou...a historia dun neno de Ourense que contaba as súas vivencias...
Agora andamos con "Suite francesa", ese sí que é ben recomendable!

#9:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Dom Feb 05, 2012 2:48 pm
    —
O seguinte foi "La casa de las bellas durmientes" literatura xaponesa clásica...moi sorprendente, a verdade!

#10:  Autor: petitejolieUbicación: Lugo MensajePublicado: Dom Feb 26, 2012 10:07 pm
    —
Despois de amosar a miña disidencia de pensamento con respecto a "Pedro Páramo" (éxito total no clube) andamos con "La tía Julia y el escribidor" unha novela de Vargas Llosa que me ten totalmente absorvida...unha estructura digna dun enxeñeiro!



Bookcrossing-Spain -> Foro de Idiomas


output generated using printer-friendly topic mod. Todas las horas son GMT + 2 Horas

Ir a página 1, 2  Siguiente  :| |:
Página 1 de 2